COMO ÚLTIMO POST ANTES DE QUE REMATE A ASINATURA POLA QUE FOI CREADO ESTE BLOG, PUBLICO UN ÁLBUM ONDE SE VEN FOTOS DE PAÍSES CON UN CONCEPTO PUBLICITARIO DIFERENTE CADA UNHA, ONDE O QUE COINCIDE SON AS PRIIMEIRAS LETRAS DO PAIS E CONCEPTO, POR EXEMPLO, MARROCOS E MARKETING. ESPERO QUE VOS GUSTE.
Unha rede social é unha estrutura social na que se daun intercambio dinámico entre persoas, grupos e institucións en contextos de complexidade. Existen relacións moi variadas e heteroxéneas, dende intercambios financieiros a amizade ou relacións sexuais. As redes sociais gañaron o seu lugar en Internet dun xeito vertixinoso convertíndose en promisorios negocios para empresas e sobre todo en lugares para encontros humanos.
Son formas de interación social. Un sistema aberto e en construción permanente que involucra a conxuntos que se identifican nas mesmas necesidadese problemáticas, e que se organizan para potenciar os seus recursos.
Dannos a posibilidade de interactuar con outras personas ainda que non as coñezamos, cada novo membro transforma ao grupo noutro novo. E adoitan posibilitar que pluridade e comunidade se conxuguen.
As ferramentas que proporcionan en xeral as redes sociais en Internet son:
Actualización automática de la libreta de direcciones
Perfiles visibles
Capacidad de crear nuevos enlaces mediante servicios de presentación y otras maneras de conexión social en línea.
Algúns exemplos de redes sociais:
- Comunidad de Españoles en el Mundo
- Red Social Global de antros, bares, restaurantes y hoteles.
- Last FM
En canto á fala hispana algunhas das redes sociais máis salientables son:
Segundo a natureza das relacións, pódense dividir entre:
a) diádicas ou valoradas
b) transitivas ou dirixidas
Ofrecen características como actualización automática da libreta de direccións, perfiles visibles, a capacidade de crear novos enlaces mediante servicios de presentacióne outrasformas de conexión social en línea. As redes sociales tamén poden crearse en tornoás relaciones comerciais. Cabe destacar un novo fenómeno que pretende axudar ao usuario nas súas compras en Internet: as Redes Sociais de Compras (como Shoomo).
Unha nova forma de comunicación que pon de manifesto que unha vez máis Internet está un paso por diante. Estamos ante outra das prestacións que se nos facilita navegando.
Trátase dunha actividade moi actual que está medrando a pasos axigantados, que modifica a conducta humana e dalgún xeito é un doscondicionantes que caracteriza a sociedade do século XXI.
Como xa fixera anteriormente un artigo sobre a intelixente e orixinal campaña de Dove, déixovos algún dos videos que encontrei pola rede que se burlan dun xeito gracioso o anuncio da modificación photoshopeada. A pesar de estar dacordo ao 100% con ditos anuncios, recoñezo que estas parodias sonrealmente simpáticas. Aquí volas deixo:
Continúo falando de recursos utilizados na publicidade. No artigo anterior poñía como exemplo un spot donde aparecían como protagonistas uns futbolistas coñecidos por todos, pero a veces non fai falta que apareza ningún personaxe famoso, porque coa simple imaxe das camisetas do Barça e do Madrid, chegaría para crear unha relación. A imaxe dun deporte con moito peso na sociedade é un éxito asegurado. Un exemplo é utilizar Fórmula1para crear unha imaxe como amosa o seguinte video.
No caso deste anuncio, Shell, pon de imaxe un coche de Fórmula 1, e a marca Ferrari, polo que é máis que suficiente para publicitar a marca de gasolina, sen precisar a actuación de Schummacher,Kimi Raikkonen ou Felipe Massa.
A actuación de famosos-presentadores para promocionar un produto,incluído na tipoloxía de Bassat, é unha das técnicas publicitarias máis eficaces e máis utilizadas, pero tamén unha das máis caras. Entre estes famosos, o que soemos atopar son modelos, sobretodo para produtos de beleza, actores...
E como non os sempre exitosos anuncios con deportistas de élite, sobre todo para promocionar produtos relacionados co deporte ou marcas deportivas como no caso do seguinte vídeo, un anuncio impresionante como todos os de Nike.
O caso dos futbolistas na publicidade é moi utilizada, xa que o fútbol está traspasando barreiras no noso país, e os futbolistas máis importantes tómanse como exemplos a seguir.
E dentro dos futbolistas que nalgún momento prestaron a súa imaxe paraa publicidade, Ronaldinho quédase de número un do noso ránking, con natillas, trident, rexona... etc. E para os ronaldinhomaníacos aquí vos deixo un video para deleitarvos con este artista do balón!
Falaba no artigo anterior da eficacia do sentido de humor na publicidade, pois ben, a tenrura non funciona menos. A veces, precísanse imaxes máis duras que vaian acorde co tema a tratar. Pero quen non lle presta atención a un anuncio se o protagonista é un bebé lindísimo e gracioso??
Imposible pasar desapercibido se o atopamos nun anuncio de TV...
Este é un exemplo dun anuncio simple esinxelo, que capata a nosa atención simplemente por estar cargado de sentido do humor. Trátase dun anuncio de Voicemail, un home ao que acaba de deixar a súa parexa, non para de recibir mensaxes dela dicindo que non é capaz de adapatarse á nova vida, e que ten que ir recoller as súas cousas que ainda están en paquetes. Cando lle comenta que xa está refacendo a súa vida, os paquetes desaparecen, e a nova mensaxe é dunha organización que lle agradece ao home a doación, jeje. Gracioso, non?
E no seguinte xa non fai falta ningunha explicación... porque o humor é unha linguaxe universal!
Calquer anuncio pode conseguir que nos fixemos nel se nos fai pasar un rato agradable.
Olaaa! Son María Reimunde Figueira, unha alumna de primeiro de publicidade, e este vai ser o blog no que traballe na asinatura de deseño, composición e tecnoloxía en prensa. Confeso que creo que vai ser un vicio, gústame expoñer a miña opinión e ler as dos demáis, intercambiar formas de pensar, así que espero que sexa tan entretido e práctico como creo que vai ser.